InicioSOCIEDADEO concello de Vilagarcía da por cumpridos os obxectivos dunha Festa da...

O concello de Vilagarcía da por cumpridos os obxectivos dunha Festa da Auga “exitosa e sostible”

PUBLICADO O

Despois de dous anos de pandemia, Vilagarcía de Arousa preparouse para acoller unha das festividades máis esperadas do verán: a Festa da Auga. Esta multitudinaria celebración tivo lugar o martes 16 de agosto de 2022 ás 12:00 do mediodía, sendo o acto principal das festas en honra ao seu patrón, San Roque. A noite anterior, do 15 ao 16 de agosto, son moitas as persoas que saen a divertirse polo municipio, aínda que este ano coa presenza de chuvias. O tempo non acompañou, mais as rúas enchéronse dende a noite ata a mañá, situación que xa se deixaba ver nos trens da tarde do luns. Os viaxeiros esgotaron as prazas dende diferentes puntos da comunidade como A Coruña, Vigo, Santiago ou Pontevedra.

O Concello impuxo certas normas para a celebración desta festa, como a de cortar a auga das fontes para que se mantiveran vacías. Porén, a restricción máis chamativa é que os bombeiros non poderían participar e situarse na praza de Galicia debido ao actual contexto de sequía. Neste sentido, apostouse por unha experiencia dende a opción máis tradicional: os veciños foron os protagonistas da festa e, malia non haber bombeiros nin mangueiras, a multitude rematou pingando de auga.

Arredor das doce e cuarto do mediodía, os asistentes preparáronse para o traslado de San Roque dende a igrexa, precedendo ao pregón que daría paso á chuvia dende os balcóns. O pregón veu da man de Sara Gómez, unha das xogadoras de baloncesto do Cortegada. A partir deste momento comezou a esperada tradición. A multitude volvía ata o centro da vila pedindo auga aos balcóns dos edificios e a festa non rematou ata moi entrada a tarde.

A expectación que existía ante a celebración da Festa da Auga despois da pandemia traduciuse nun éxito en canto aos obxectivos marcados polo Concello, tanto os relativos ao mantemento da celebración como ao contrastado aforro de auga. De feito, a cantidade de auga consumida na xornada do 16 de agosto foi de 8.447 metros cúbicos, a menor cantidade no que levamos de agosto.

spot_img

ÚLTIMAS

O Parque Empresarial de Nantes amplía a súa actividade

Dende o mes de marzo, catro novas empresas solicitaron a licenza para comezar a súa actividade no parque empresarial de Nantes, polo que…

A Illa e O Grove agardan as xestións realizadas pola Fegamp para este verán

Os concellos arousáns non dispoñen de mecanismos concretos para ordenar a chegada de autocaravanas aos seus municipios durante a época de…

A artista grovense Carolina Rubirosa consegue o segundo posto no Liet International

Carolina Rubirosa, artista de O Grove pero afianzada en A Coruña, viene de conseguir el segundo puesto en el Liet Festival Internacional,…

Fábricas e mercados do Salnés, prexudicados pola folga de transporte

O Salnés está a sufrir as consecuencias da folga de transporte, xa que a falta de materias primas deu lugar a que moitas fábricas da zona…