InicioECONOMÍAO Parque Empresarial de Nantes amplía a súa actividade

O Parque Empresarial de Nantes amplía a súa actividade

PUBLICADO O

Dende o mes de marzo, catro novas empresas solicitaron a licenza para comezar a súa actividade no parque empresarial de Nantes, polo que o interese por asentarse neste polígono de Sanxenxo segue medrando. Trátase dunha área de subministro de combustible e lavado de coches, unha empresa dedicada ao aluminio, unha compañía de servizos forestais sostibles e unha destinada á actividade agroindustrial. En total, ocuparán unha superficie de 64.333 metros cadrados. Con estas novas incorporacións, son 54 as parcelas ocupadas con proxectos empresariais no parque de Nantes.

O Parque Empresarial de Nantes en Sanxenxo nace como un proxecto privado “único en Galicia”. É o de máis recente creación na zona e limita coa Vía Rápida do Salnés (AG-41), que á súa vez comunica coa Autopista do Atlántico (AP-9), principal eixo de transporte no oeste peninsular. O polígono ten unha superficie de máis de 650.000 metros cadrados, que se reparte nas parcelas dispoñibles para empresas. Alén do seu uso comercial e industrial, actualmente están a tramitarse solicitudes relacionadas con distintas actividades económicas, como a hostalería.

Así, esta zona acolle unha importante actividade empresarial para a comarca de O Salnés, sendo a alimentación e os materiais de construción os sectores que máis destacan por número e superficie ocupada. En alimentación destacan Mercadona (con case 10.000 metros cadrados ocupados), Eroski (6.000 m2) e Xesnova global (4.800 ,2). No sector dos materiais de construción hai empresas de carpintería de madeira, metálica, alumiños, granitos e lousa sanitaria.

spot_img

ÚLTIMAS

O concello de Vilagarcía da por cumpridos os obxectivos dunha Festa da Auga “exitosa e sostible”

Despois de dous anos de pandemia, Vilagarcía de Arousa preparouse para acoller unha das festividades máis esperadas do verán: a Festa da…

A Illa e O Grove agardan as xestións realizadas pola Fegamp para este verán

Os concellos arousáns non dispoñen de mecanismos concretos para ordenar a chegada de autocaravanas aos seus municipios durante a época de…

A artista grovense Carolina Rubirosa consegue o segundo posto no Liet International

Carolina Rubirosa, artista de O Grove pero afianzada en A Coruña, viene de conseguir el segundo puesto en el Liet Festival Internacional,…

Fábricas e mercados do Salnés, prexudicados pola folga de transporte

O Salnés está a sufrir as consecuencias da folga de transporte, xa que a falta de materias primas deu lugar a que moitas fábricas da zona…