O Salnés está a sufrir as consecuencias da folga de transporte, xa que a falta de materias primas deu lugar a que moitas fábricas da zona tivesen que pechar as súas portas. Por outra banda, hai outras que, malia non se viron na obriga de cerrar, cesaron a súa actividade. É o caso da empresa Harinas Reyes, que leva máis dunha semana parada. Portavoces da Confederación Intersindical Galega (CIG) indicaron que existen empresas que están paliando a redución da actividade adelantando as vacacións ou modificando condicións salariais.
Por outra banda, os mercados tamén notan os efectos da folga, sendo un dos sectores prexudicados. Existe temor a un posible desabastecemento que preocupa aos vendedores e tamén aos cidadáns, que deciden non acudir ás prazas coa mesma frecuencia. Malia considerar que hai produto suficiente, os comerciantes veñem notando unha importante baixada de clientes.