Xornal do Salnés é o primeiro gran xornal dixital en galego do Salnés. Abarca a información cultural, deportiva, económica, medioambiental, política, social e de sucesos desta comarca costeira de Pontevedra, que consta dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa, Meaño, Ribadumia, A Illa de Arousa e Meis.
A idea parte dun Traballo de Fin de Máster que tiña como obxectivo ofrecer á comarca un novo espazo informativo a nivel local. Posteriormente, foi adaptado e asociado a GC (www.galiciaconfidencial.com), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, da mesma editorial Xurimaru Servizos de Comunicación que lle dará soporte informativo, comercial e técnico. Ambos os dous contan cun acordo para intercambiar información e publicidade.